Hai un enorme elefante rosa nesta habitación. Esa magnífica fiestra a suroeste, que condiciona a distribución desta planta. Queremos cociñar, almorzar e descansar ao seu carón, gozando das vistas e da luz.
Proponse unha cociña minimalista, ocultando a zona de cocción tras un pequeno tabique. O lacado alto brillo prolonga a ventá, e o mobiliario transparente axuda a non sobrecargar a estancia. Tamén se fai unha reforma do aseo, onde o debuxo de cantos rodados do papel ten unha forte presenza, reflectíndose no espello coma se fora outro lenzo.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email