Loader
Categoría
#interiores, #reforma, #residencial
Tags
interiores, reforma, residencial
Sobre este proxecto
Ano:2013
Localización:Cambados
Colaboradores:Laguardia & Moreira
Promotor:Autopromoción privada
Fotografía:Karlos Abal
Descrición/Descripción:

Trinta anos de intenso servizo, na casa grande da familia, onde medraron moitos nenos, onde a avoa cociñou para toda a familia centos de veces,...merecida xubilación! Agora damos paso a novas solucións de almacenaxe, a unha distribución máis axeitada ó uso actual. Xa non volverán a chocar coa esquina das estanterías, nin a pedir que se aparte o que se sente na mesa, que así non se pode cociñar. No baño xa pode maquillarse unha mentres a outra limpa os dentes e habilítanse espazos de almacenaxe. A limpeza, a orde, as cores claras, combinadas co inox dos electrodomésticos e grifería, e un toque de nostalxia no pavimento son a base da nova decoración.