Categoría
#interiores, #reforma, #rehabilitación, #residencial
Tags
interiores, reforma, rehabilitación, residencial
Sobre este proxecto
Ano:2006
Localización:András (Vilanova de Arousa)
Promotor:Autopromoción privada
Constructora:Nortemar
Materiais:Pedra de derribo
Fotografía:Karlos Abal
Descrición/Descripción:

REHABILITAR: Conxunto de actuacións realizadas nun edificio antigo para que o mesmo teña unha nova función na sociedade actual.

Moitas festas se fixeron nesta casiña de aldea…pero os tempos mudan, hai novas necesidades que cubrir, así que toca renovarse. En rehabilitación o primeiro sempre é limpar, eliminar os elementos que desvirtúen a construción máis orixinal. Buscamos consolidar o preexistente e harmonizar o novo, pero non perder nunca a esencia da construción orixinal. Para iso construímos con materiais no seu estado natural, pedra vella, tella, madeira… buscando os materiais por canteiras e almacéns ata dar xusto co que precisamos. É a arquitectura a que debe acomodarse ó entorno; por iso a acacia da entrada durme nunha camiña de pedra.
Se manteñen a bodega e o gran comedor, almas desta construción. Ao seu carón se engade unha gran cociña, orientada a tódolos aires e cun bo soleamento. E se levanta o baixocuberta para dotalo de habitacións e unha sala de descanso. A construción abraza un patio interior, soleado e refuxiado dos ventos do norte.
¡E que siga a festa!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies