Loader
Categoría
#comercial, #equipamento, #outras
Tags
concursos, deportivo, equipamento
Sobre este proxecto
Ano:2014
Localización:llla de Arousa
Promotor:Concurso de ideas
Cliente:Excma. Deputación de Pontevedra
Fotografía:Karlos Abal
Descrición/Descripción:

A Deputación de Pontevedra convoca un concurso de ideas para a redacción dun anteproxecto de construción dun edificio de usos náutico-deportivos no Concello de A Illa de Arousa. Este edificio albergará as instalacións para que dúas agrupacións, o Club de Piragüismo e a Asociación Dornas A Vela, poidan desenvolver as súas actividades e exposicións, que a día de hoxe veñen realizando nunhas precarias condicións.
Repartimos os usos en tres grandes naves de madeira, comunicadas entre si por unha galería superior que distribúe e organiza os usos. Tentouse sempre integrarse na contorna, cunha configuración que favoreza as vistas dende todas as partes do edificio, que se protexe visualmente a leste e se abre ó resto dos ventos. Esta mesma disposición permite una enorme flexibilidade de usos baseada nunha organizada sectorización, o que se traduce en aforro enerxético e de consumos.
A estética das naves nos trae imaxes do aire do mar (AR_MAREIRO) filtrándose polas celosías das caixas de madeira, que nos recordan a antigos secadoiros de curtidorías e peixes, ós containers dos portos, as caixas de peixes, as redes e gavións e as nasas.
Tentamos neste proxecto fomentar o uso da madeira, pero non só como elemento decorativo, senón tamén como base do sistema construtivo.