Arquitectura Paula Alfonso | KASA 3+2+P
A actividade do estudio céntrase no ámbito residencial, tanto vivenda unifamiliar como colectiva, acondicionamento e decoración de interiores, deseño de mobiliario, obra nova ou rehabilitación, entendendo ésta con un enfoque amplio, que abrangue dende a renovación do patrimonio histórico ata a renovación de bloques de vivendas para mellorar a súa eficiencia enerxética, permitindo alongar a súa vida útil mediante a adaptación ás novas calidades de confort esixidas nestes tempos.
arquitectura, arquitecta,arquitecto,residencial,obra nueva,rehabilitacon,reforma
557
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-557,qode-quick-links-1.0,ajax_fade,page_not_loaded,,vertical_menu_enabled, vertical_menu_hidden, vertical_menu_width_400,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-11.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.1.1,vc_responsive

KASA 3+2+P

Categoría
#interiores, #reforma, #rehabilitación, #residencial
Tags
interiores, reforma, rehabilitación, residencial
Sobre este proxecto
Ano:2010
Localización:Carril (Vilagarcía de Arousa)
Colaboradores:Eva Serén Charlín, aparelladora
Promotor:Autopromoción privada
Constructora:Revoltamar S.L.
Materiais:SATE, OSB, Madeira lacada, estrutura de madeira laminada en autoclave
Fotografía:Karlos Abal
Descrición/Descripción:

A rehabilitación precisa sempre dun primeiro momento de reflexión, para decidir onde reside o valor patrimonial, cal é a identidade da construción, cales os elementos distorsionadores e cales os potenciais arquitectónicos.
Nesta vivenda a idea estivo clara dende o principio, o primeiro bosquexo foi aceptado de inmediato, todo encaixaba. Os condicionantes de partida son un programa de vivenda aberta nunha edificación existente en casco histórico, en bastante mal estado, de cruxía estreita, que da a un patio traseiro elevado media planta con respecto ó nivel da rúa.
A solución pasa por estruturar o programa en medias alturas, unha cara á rúa e outra cara o patio. No medio, separando, os elementos verticais: a escaleira e os cuartos pechados con instalacións.
A escaleira é un punto focal, enmarcada por esa medianeira en pedra da vivenda máis primitiva. Pintamos o metal de azul e a iluminamos dende a cuberta. É o elemento que distribúe ás medias plantas e o verdadeiro eixo vertebrador de toda a vivenda.
Os cuartos pechados con instalacións compren unha dobre función; serven como elemento separador das estancias a distintas alturas, que nos permite ter unha vivenda aberta pero diferenciada espazalmente, e aglutinan os montantes de instalacións (fontanería, saneamento, electricidade, ventilación,…todo se xunta nun gran conduto vertical, o que facilita a construción e o mantemento).
O OSB non se pinta, a madeira leva autoclave e lasures, pero non brillos de vernices, a pedra limpa e encintada, ata onde existe, diferenciando a ampliación do existente, as instalacións colócanse en tubo á vista e caixas non empotradas,..esta crueza de materiais e instalacións responde a unha intención, común a cliente e arquitecto, de potenciar a visibilidade da arquitectura en todos os elementos (especialmente aqueles que adoitan esconderse atendendo a criterios estándares de estética), ó tempo que facilitamos o seu mantemento, e reducimos o presuposto con partidas innecesarias para lograr este efecto.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies