Categoría
#interiores, #mobiliario, #reforma, #rehabilitación, #residencial
Tags
interiores, mobiliario, reforma, rehabilitación, residencial
Sobre este proxecto
Ano:2017
Localización:Santiago de Compostela
Colaboradores:Lucía Sineiro Cascallar
Promotor:Autopromoción
Constructora:Crearesantiago
Cliente:Privado
Materiais:fibralith, OSB, madeira
Fotografía:Karlos Abal
Descrición/Descripción:

Trátase de acondicionar un espazo nun ático. Un espazo sen historia, sen memoria e sen nada ó que agarrarnos para comezar.
Tomamos como punto de partida a gran cantidade de usos requiridos. Aquí vaise cantar, vaise gravar, vaise rodar e incluso pode que se vaia vivir. Ademais, hai que gardar todo o material que este oficio leva ás costas, que é moito. Tamén ten que ser posible, nun momento dado, usar este lugar como unha vivenda. Poden ser convidados, poden ser os nenos cando medren, pode ser que todo mude…
Plantexamos un gran espazo cadrado diáfano, con usos cruzados. Unha esquina mínima de instalacións (lavandería, baño, pequena cociña,…) e na esquina oposta a almacenaxe. Entre estes espazos cántase, báilase, mírase a tele e fanse ceas con amigos. Quédanos unha habitación cun gran armario aproveitando a caída da cuberta, que completa a extensa lista de necesidades.
Os materiais son elixidos polas súas cualidades fonoabsorventes, calidez e harmonía no conxunto. O fibralith, o OSB, a madeira, a la de rocha …son materiais que nos falan do uso que se da a este espazo.
A iluminación e ventilación, exclusiva a través de fiestras en cuberta, complétase cunha gran falsa galería que da a un patio interior de instalacións comúns. Pero entra algo de luz natural, serve para provocar unha ventilación cruzada (a parte superior é practicable) e os cristais translúcidos tapan as tripas deste patio. E así conseguimos unha sensación de amplitude e desafogo que dan sentido ó proxecto.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies