Arquitectura Paula Alfonso | V3
A actividade do estudio céntrase no ámbito residencial, tanto vivenda unifamiliar como colectiva, acondicionamento e decoración de interiores, deseño de mobiliario, obra nova ou rehabilitación, entendendo ésta con un enfoque amplio, que abrangue dende a renovación do patrimonio histórico ata a renovación de bloques de vivendas para mellorar a súa eficiencia enerxética, permitindo alongar a súa vida útil mediante a adaptación ás novas calidades de confort esixidas nestes tempos.
arquitectura, arquitecta,arquitecto,residencial,obra nueva,rehabilitacon,reforma
556
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-556,qode-quick-links-1.0,ajax_fade,page_not_loaded,,vertical_menu_enabled, vertical_menu_hidden, vertical_menu_width_400,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-11.0,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.1.1,vc_responsive
Categoría
#comercial, #equipamento, #interiores, #obra nova, #sanitario
Tags
comercial, equipamento, interiores, sanitario
Sobre este proxecto
Ano:2014
Localización:Vilanova de Arousa
Promotor:V3 Dental
Constructora:Revoltamar, S.L.
Materiais:Madeira acetilada
Fotografía:Karlos Abal
Descrición/Descripción:

A obra é ese momento no que hai que construír as declaracións de intencións expresadas no proxecto; as ideas toman formas e as liñas se transforman en espazos. De pronto hai un dentro e un fora, hai sombras, luces e límites. Hai que facer encaixar ese revolto de condicionantes, parámetros funcionais, gustos, necesidades, normativas, caprichos,…
A construción deste proxecto podería estar resumido no deseño das carpinterías. Os clientes buscaban un gran escaparate a sur, para desfrutar das espectaculares vistas da ría. Colocamos uns grandes vidros dobres con control solar, fixos, a modo de muro cortina, colgados dunha carpintería interior de madeira, que coa súa forma recolle os acabados interiores (alicatados, pladur, falso teito, solos), camuflándose co interior, transformando o oco do vidro en superficie útil e conseguindo unha luz tanxente relaxante. O retranqueo da planta baixa axudaba a matizar a incidencia do sol, e axudámonos dunha celosía de madeira que ensombrecera estes vidros, relaxando a súa temperatura e as transmisións ó interior. Por dentro uns estores regulan o grado de intimidade en cada momento, protexendo ó interior e sen privalo das vistas.
As instalacións desta obra son complexas. Un sillón dental é un mini-mundo con electricidade, iluminación, datos, auga, saneamento, ósmosis, aspiración, raios x,… a calidade do aire ten que ser IDA 1, polo que ademais do aire acondicionado é preciso un sistema de renovación de aire. Hai veces que da a impresión de estar nunha nave espacial. Resolver o quebracabezas das instalacións sen que os teitos parezan un Mondrian non é fácil.
Creo que a arquitectura debe servir sempre ós homes e mulleres, facerlles grata a estancia. Por iso os parámetros referentes a accesibilidade, escala humana, confort e benestar deben estar presentes en todo momento. Optamos nesta obra por un proxecto accesible na súa totalidade, de proporcións amables e de alta eficiencia enerxética, para minimizar o consumo enerxético. O illamento polo exterior, dobrado no interior con trasdosados outra vez illados, acompaña ós vidros de altas prestacións.
O momento no que chega a madeira a obra é un dos meus favoritos. Deseñar cada encontro, ancoraxes, remates, tratamentos, acabados,…neste caso eliximos unha madeira acetilada, adecuada para exteriores neste tipo de ambientes agresivos. O acabado é durable e resistente, e o ton elixido tende unha man ó resto do edificio. Ancorámola á unhas vigas superiores, de fácil desmontaxe para mantemento, e apoiámolas sobre unhas varas, de tal xeito que non toquen o chan, de pedras sobre canal de auga. As esquinas redondeadas, a base inclinada para escorregar a auga,…
Desta obra recordo unha tarde de apnea colocando eses grandes vidros dobres a oso, cos seus máis de 400 kgs de peso, preguntándome se ese deseño sería tan efectivo como pensaba unha vez colocado. A día de hoxe podo presumir de que dentro desas estancias con grandes vidros fixos ó sur, apenas fan uso do aire acondicionado. A arquitectura pasiva funciona, igual que funcionou sempre.
Confirmo o que xa todos sabíamos: que canto máis sinxelo parece un resultado, máis costou chegar a el. Pero creo que o esforzo de todos os que colaboramos nas obra merece a pena, se é para acadar unha unha arquitectura limpa, humana e amable.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies