Limpeza e orde. Eliminar o que sobra, o que desvirtúa. Limpar o que queremos conservar. Mellorar a envolvente térmica, e deste xeito a calidade de vida das persoas, que a vivenda lles abrigue e lles sirva. O resultado é unha vivenda noble, digna e discreta, que convive en harmonía có casco histórico que a rodea.