Este amplo piso situado nun edificio dos anos 70 distribuía numerosas estancias a través dun longo corredor interior. A orientación leste a patio interior, e oeste a un espectacular atardecer sobre o mar a través de tres grandes ocos, nos indica a solución do proxecto. Toda a orientación oeste se abre a un espazo multifuncional, de salón, despacho, comedor, biblioteca…que cruza ventilación coa cociña, totalmente renovada. Un pequeno oco nos conduce a unha zona máis íntima, de habitacións con vestidor e baño.
O material unificador foi o microcemento, empregado en solos, rodapés e paredes. A frialdade presuposta a este material non é tal se se elixe un ton amable, como este gris claro que debuxa augas, e se axuda coa decoración. Neste caso, a limpeza pulcra de liñas e cores en cociña e baños contrasta coa decoración do salón, con grandes alfombras debuxadas en vivos cores e mobles coloniais. O resultado final é unha vivenda aberta, luminosa e cálida.