BRAÑA DA FONTE

by Paula Alfonso

Braña da Fonte é un espazo de lecer algo infrautilizado. O Concello de Cambados quere poñer en valor o existente mediante a construción dunha pérgola que permita realizar tanto xogos como pequenos eventos ou feiras, a cuberto da choiva.

A estrutura que plantexamos é moi sinxela: sete pórticos de madeira laminada que sustentan unha cuberta lixeira debuxando unha sección continua que nos recorda a un boomeran.

O espazo protéxese dos ventos do norte e da choiva grazas aos paneis de policarbonato, mentres que na fachada sur colocamos unha serie de lamas de madeira horizontais que reducen a incidencia do sol. Ademais, os pórticos inclínanse lixeiramente cara o suroeste, permitindo conducir e evacuar as augas por pendente natural.

Comparte: