C41

by Paula Alfonso

Esta vivenda pénsase dende a vida. Grandes espazos abertos e flexibles que se organizan buscando o sol en planta baixa, mentres que na planta primeira se colocan as zonas de descanso no sol do amencer. Unha volumetría que resulta dos condicionantes da parcela e do programa. Dous grandes volumes en forma de T que se conectan a través dun eixo central: o acceso e distribuidor. Un espazo de conexión entre as distintas zonas da vivenda.

O xogo xeométrico da proposta permite lograr non só unha continuidade visual no interior, seno tamén unha constante relación co exterior. Pequenas zonas verdes, un pórche protexido, cubertas vexetais con terraza e, incluso, un pequeno patio que enriquece a planta baixa e permite unha mellor ventilación natural.

A madeira como elemento fundamental. Estrutural (CLT) e decorativa en muros, forxados e acabados, con diferentes texturas, características e tratamentos en función da necesidade. A súa versatilidade, a capacidade de absorber CO2, o seu uso como illamento, o control higrométrico e a súa cor fan del un material vivo e funcional, cálido e resistente.

Comparte: