“Había portas por tódolos lados da sala, pero estaban todas pechadas, e cando Alicia a tivo percorrida dun lado a outro e tanteadas unha a unha as súas portas, encamiñouse tristemente cara ao centro, pensando como se apañaría para saír.”

Este piso é un exemplo tipo do mercado inmobiliario actual: “piso, con tres habitacións, unha en suite, cociña con tendedeiro, salón-comedor, boas calidades, céntrico,…” Na primeira visita apuntamos como puntos fortes a boa superficie, a triple orientación, a luminosidade, a ventilación cruzada, as vistas…pero ningún destes puntos destacan, debido á excesiva compartimentación, unha distribución pouco meditada e uns acabados pouco lucidos.
Decidimos abrir un gran espazo central de vida, ó que se accede inmediatamente dende a entrada. Un panel de madeira, tinguida en cor verde como elemento focal, oculta un armario empotrado e o acceso á segunda zona do piso, de dormitorios e baño. Os espazos seguen a estar marcados, pola distribución dos ocos, esa viga descolgada que remata en piar, o faldón do baixocuberta, o debuxo dos pavimentos…son elementos que dividen e ordean este gran espazo central, sen necesidade de portas nin paredes.