by Paula Alfonso
Eira de Asorei é o nome elixido pola adega “Terra de Asorei” para o seu proxecto máis persoal de enoturismo. Debido ao incremento en exportacións, precisan dun espazo onde almacenar botellas listas para despachar, previo etiquetado.
Coma sempre, de punto de partida intentamos non só integrar a edificación na contorna, senón facer tamén un uso responsable dos consumos enerxéticos precisos, que toman moita relevancia neste proxecto posto que as condicións de conservación do viño embotellado son unha prioridade.
Apostamos por unha construción liviá, que permita unha cimentación moi superficial. Unha serie de estruturas porticadas de madeira, altas para permitir o almacenamento en altura, que sirvan de sustento a pranchas prefabricadas de taboleiros de madeira con illamento intermedio. Rematamos toda a envolvente cunha fachada ventilada de táboas de madeira, que irán agrisando co paso do tempo.
Colocamos un sistema de renovación de aire con recuperador de calor. Consideramos que o aporte extra de illamento, a escaseza de ocos e de iluminación natural, e esta instalación de renovación de aire, permitirá almacenar as botellas de viño sen precisar dun aporte extra de climatización.
Para complementar a obra colocamos paneis fotovoltaicos en cuberta, que cubran tanto as necesidades eléctricas desta nova edificación (que pretendemos sexan moi baixas), como parte do consumo eléctrico dos outros edificios da adega.
Empregamos cookies no noso sitio web para ofrecerlle a experiencia máis relevante ao lembrar as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para dar un consentimento controlado.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |