
by Paula Alfonso
O Concello de Paradas de Sil convoca un concurso de ideas para a redacción dun anteproxecto de rehabilitación de varias construcións tradicionais, co fin de habilitar varias vivendas para residentes neste municipio, así como o acondicionamento do seu entorno inmediato.
A solución proposta senta sobre o concepto preexistente de aldea. Mantemos absolutamente todos os muros existentes, medrando sobre eles cunha cuncha de madeira queimada.
O sistema elixido adáptase perfectamente ao preexistente, permitindo unha flexibilidade total ó poder cortar cada taboleiro a medida. O sistema elixido para o tratamento da madeira, o SHOU SUGI BAN, é unha técnica de orixe nipona, que mellora a durabilidade e resistencia da madeira, ao tempo que lle da un aspecto innovador, orixinal e esteticamente moi artístico.
Esta técnica permite unha ampla redución de custos, ademais de acelerar os tempos de construción, posto que unha vez colocada non hai que pintar nin tratar a madeira. A capa de carbón protexe a madeira dos raios UV e da intemperie, mantendo o seu aspecto e garantindo a estética e a integridade estrutural inmutable ó longo dos anos, co aforro en mantemento que iso implica. A capa de carbón pois protexe a madeira de insectos, xilófagos (como as termitas) e pragas. É un proceso natural, non tóxico, que non precisa de produtos químicos e reduce o impacto ambiental.
Pero ademais podemos graduar o nivel de carbonización, conseguindo infinidade de acabados, tanto en textura como en cor e durabilidade, dependendo da madeira empregada, do tempo de exposición ó lume, do corte da peza, do grado de cepillado,….
Ademais das súas calidades sensoriais, de calor, de texturas, de matices, e de beleza que o converten nun material extraordinario, a madeira é o único material que implica un completo respecto ao medio, tanto no seu proceso de crecemento como nas súas aplicacións e na xestión dos seus residuos.
É un material 100 % reciclable, renovable e natural, sen residuos contaminantes, que ben xestionado coida dos nosos montes, manténdoos xoves e produtivos e asegurando o seu desenvolvemento sostible, contribuíndo a limpeza da atmosfera e a loita contra o cambio climático. E ademais, ó final da súa vida útil serve para xerar enerxía limpa a partir da súa combustión.
A madeira elixida é de castiñeiros autóctono de Galicia, a ser posible de bosques pretos, con certificado de bosque sostible, promovendo a industria local e o desenvolvemento rural ó tempo que evitamos a desertización demográfica, e ademais minimizamos emisións contaminantes á atmosfera ó reducir o custo de enerxía de transporte.
Permite a construción en seco, co cal minimizamos os problemas asociados á presenza de auga, xeramos menos residuos durante a construción, e os xerados son reciclables. A súa lixeireza e fácil axuste en obra, o emprego de elementos estruturais normalizados e ser prefabricados en taller permite diminuír drasticamente os tempos de montaxe.
Confiamos na labor de deseño realizada coa arquitectura pasiva: a coidadosa elección do sistema de illamento, a súa posición sempre polo exterior, que elimina pontes térmicas, xunto co deseño das fachadas ventiladas, que permiten a circulación do aire en todas as fachadas, ventilando e creando cámaras de colchón térmico, a estratéxica situación dos ocos da fachada para ventilar excesos de humidade interior, as características higroscópicas dos materiais empregados… todo iso fai que as edificacións sexan practicamente autosuficientes. As súas variacións térmicas serán mínimas, e a súa inercia moi elevada.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |