Xacobe Abal Fisioterapia

by Paula Alfonso

Xacobe Abal é un centro de fisioterapia que quere transmitir ó cliente a importancia da individualidade de cada caso. A fisioterapia baséase no coñecemento profundo do ser humano, e esta sensación, de respecto e importancia a cada corpo, é a que queremos transmitir nesta pequena intervención de baixo custe.
Eliximos o hexágono como fío condutor desta idea, onde a individualidade espacial e a eficiencia xeométrica se combinan de xeito natural.
A sala de pilates terapéutico esixe grupos reducidos, e que cada individuo dispoña de amplitude espacial suficiente para desenvolver a actividade. Cada hexágono, a modo de “modulor”, corresponde ó espazo preciso para a comodidade dun individuo no desenvolvemento da actividade.
O moble que alberga as taquillas na entrada redunda nesta idea, de ordenar, distribuír e optimizar o espazo dispoñible. A imaxe inmediata deste moble é o panal de abellas. Pero unha segunda mirada, que se fixa no rebaixe, descubre coma o hexágono se transforma en cubos no espazo. O emprego de madeira OSB aporta esa punto de calidez imprescindible se o que pretendemos é sandar doenzas.