by Paula Alfonso
A parcela constaba de varias edificacións, entre elas un restaurante. Este local, galardoado cunha estrela Michelin dende o ano 2008 e especializado en produto de proximidade actualizado e reinterpretado, conta cunha boa cociña anexa á sala de xantar, pero a diversificación do negocio fixo necesario ampliar a zona de preparación.
O conxunto está catalogado con protección integral coa categoría de pazo, polo que a nosa actuación tentou ser o máis discreta e integradora posible. Proxectamos unha edificación secundaria, de apoio ao uso de restauración. Un volume trapezoidal, adaptado á configuración espacial da parcela, anexado á medianeira norte veciña, de tal xeito que mantén un espazo libre de xardín, rodeado polo muro enreixado orixinal que abriga o cruceiro e o hórreo.
O novo anexo contén un acceso para salas de preparación de alimentos (sala fría e sala de elaboración), cámaras frigoríficas e vestiario para persoal. Empregamos a madeira modificada termotratada de pino como acabado continuo. Esta elección responde a criterios de integración, de estética, de mantemento, de mellora da eficiencia enerxética e de sostibilidade. A continuidade en cuberta permite o seu uso como pequena horta, na que Yayo medra froitas e hortalizas coas que se autoabastece, e así, a arquitectura e a hostalaría danse a man nun mesmo proxecto respectuoso e responsable.
Empregamos cookies no noso sitio web para ofrecerlle a experiencia máis relevante ao lembrar as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para dar un consentimento controlado.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |