O ESTUDIO

Paula Alfonso Arquitectura

Cambados 2007

O estudo de arquitectura Paula Alfonso arranca en Cambados no ano 2007, combinando o traballo tanto en obra nova como en rehabilitación, dende a escala da renovación urbana ata o deseño de interiores.

Como parte do engrenaxe da construción somos responsables de integrar criterios de sostibilidade e saúde na arquitectura, para o que realizamos propostas personalizadas promovendo o emprego de materiais e estratexias de baixo impacto ecolóxico. Por iso apostamos pola madeira e derivados como material fundamental neste futuro descarbonizado, mais amable e mais humano.

Defendemos a rehabilitación dende unha concepción alegre do patrimonio arquitectónico, poñendo en valor a súa importancia histórico-artística, pero tamén a necesidade de repensalo como un elemento que precisa ser vivido, modificable e adaptable, capaz de satisfacer as necesidades da sociedade actual.

Aquí atoparás unha arquitectura consciente, sostible, integrada na contorna, saudable e duradeira que ten como obxectivo crear espazos para a vida.

Arquitecta fundadora.

Licenciada en arquitectura en 2005 cursou os seus estudos entre Coruña, Milán e Segovia.
Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación.
Colexiada 3366 dende o ano 2006.

Arquitecto.

Graduado en arquitectura en 2020 cursou os seus estudos en Coruña.
Especialista en cálculo de estruturas.

Arquitecta.

Graduada en arquitectura en 2019 cursou os seus estudos entre Coruña e CDMX.
Máster en arquitectura e BIM.

Antigos colaboradores:

Atópanos en

Cambados

Rúa Atlántico S/N
36630 Cambados
(Pontevedra)

Como
chegar

Comparte: