Loader
Categoría
#comercial, #equipamento, #interiores, #mobiliario, #reforma, #rehabilitación
Tags
comercial, equipamento, interiores, mobiliario, reforma, rehabilitación
Sobre este proxecto
Ano:2015
Localización:O Grove
Colaboradores:Eva Serén Charlín, aparelladora
Promotor:Autopromoción privada
Constructora:Construcciones Gonfal. S.L.U.
Fotografía:Karlos Abal
Descrición/Descripción:

Trátase de rehabilitar unha pequena edificación, de máis de cen anos de antigüidade, sita na rúa de maior comercio de O Grove. A edificación principal, orixinalmente unha casiña en pedra de baixo e faiado, estivo alugada nos últimos anos para uso comercial, con reformas non moi afortunadas. Os donos queren establecer un negocio de venta de viños e diversos produtos gourmet.
Temos na cabeza por un lado a visión dos colmados portugueses (colmados, tendas de coloniais ou ultramarinos, toman o seu nome do conxunto de importacións comestibles traídas de ultramar das antigas colonias españolas), repletos de produtos ata doblar as baldas. Tamén queremos traer a Nova Iork, que está nas retinas de todos os emigrantes de O Grove, que fixeron o seu fogar na Rúa 14 de Manhattan, tamén coñecida como "little Spain" e que deu nome popular á rúa á que hoxe da fronte este comercio: A Catorse. Esta rúa ten menos de seis metros de ancho, contando co estreito corredor de paso, entre a casa e a propiedade veciña, que conduce á traseira da parcela, onde atopamos un par de anexos destinados a almacén e o que no seu día foi unha carpintaría. A parcela continúa cunha horta en varias alturas, con currais e algún árbol, pero o fondo edificable en solo urbano párase nos 14 m. Queremos manter a memoria do lugar, que se saiba e se coñeza a súa historia. Pero a vivenda en pedra, duns 35 m2, resulta algo pequena para o uso pretendido, así que engadimos ó proxecto a zona de corredor e o patio traseiro.
A solución espacial atopámola ó superpoñer o novo volume edificatorio á edificación preexistente. Todos os espazos se comunican visual e espacialmente, aliviando cun certo orde o exceso de exhibicionismo de mercadoría.
O deseño do mobiliario e a iluminación cobran especial importancia neste proxecto. Deseñamos unha estantaría para cada produto, tendo en conta qué se vai a exhibir, cómo se vai a situar no espazo e cómo se vai a iluminar. O espazo resulta un pouco denso, entre o predominio do RAL7016 e a nudez dos materiais; o que contrasta coa potencia visual do produto, que destaca iluminado con focos directos de luz cálida.