by Paula Alfonso
Os propietarios buscan unha edificación para rehabilitar, para construír un fogar no que poder reunir a unha gran familia.
Tras analizar varias propiedades, demos con este pazo catalogado: unha extensa e soleada parcela, antigamente adicada a unidade de cultivo vitivinícola, cunha gran edificación central e varios anexos. Esta opción era perfecta para cubrir as necesidades dos clientes, que pretendían darlle nova vida ao conxunto edificatorio propoñendo á volta á unidade de explotación, constituíndo unha agrupación sostible de recursos e consumos.
O longo e tedioso proceso de autorizacións sectoriais e traballos previos, de argumentación e documentación e de confrontar administracións con intereses cruzados, afortunadamente non desanimou en ningún momento ós propietarios. Sabían que para acadar o resultado esperado era necesario armarse de paciencia e tesón, xuntar esforzos e ser razoables.
Cando a topamos, motos dos anexos estaban completamente deteriorados e a edificación principal moi desvirtuada, cunha serie de actuacións inconclusas moi cuestionables, e outras xa rematadas pero executadas con pouco mimo, mol desafortunadas e mais ostentosas que elegantes. Era intención dos clientes adecuar estes inmobles a condicións aptas para accesibilidade, habitabilidade e confort, pensando as solucións dende unha óptica sostible e medioambientalmente ecolóxica.
No proxecto reorganizamos os espazos interiores modificando as comunicacións para agrupar as zonas húmidas e prestamos especial atención a cada detalle construtivo que permita solucionar cada mal encontro. As edificacións estarán moi ben illadas, contarán con carpintarías de madeira e dotarémolas de instalacións xeotérmica e fotovoltaica.
O conxunto funcionará de maneira flexible, sempre reducindo o posible o mantemento e consumindo os mínimos recursos enerxéticos, adaptándose ás necesidades familiares en cada momento.
Empregamos cookies no noso sitio web para ofrecerlle a experiencia máis relevante ao lembrar as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para dar un consentimento controlado.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |