by Paula Alfonso
Pasamos o 80% do noso tempo en espazos pechados, polo que a calidade dos ambientes construídos ten unha incidencia real na nosa saúde física e mental. O habitar diario dos nosos fogares e lugares de traballo, o seu grao de humanización e a súa capacidade de proporcionarnos refuxio, inflúen de xeito determinante no noso benestar. É por isto que, egoistamente se así o queredes, puxemos todo o noso empeño en acadar para este despacho uns estándares de “arquitectura sá” que sabiamos que resultaría no noso propio beneficio.
Existen variables relativas o deseño dos espazos como a organización, as relacións formais, funcionais e sensoriais ou a accesibilidade universal, que teñen un impacto directo na saúde física e mental das persoas. Precisamente por isto apostamos por espazos abertos, o emprego da luz natural e a ventilación cruzada que nos permiten distanciarnos, cada vez máis, do uso de materiais contaminantes e espazos ultratecnificados grazas a un correcto deseño e dimensionado das instalacións.
Unha iluminación eficiente, intelixente e sostible supón un menor consumo eléctrico. Neste despacho prestamos especial atención á temperatura de cor, ó índice de reprodución do color e a monotonía cromática. O control termohigrométrico permite lograr unha temperatura agradable á vez que reduce o gasto en calefacción e refrixeración. Grazas ao emprego de materiais naturais e técnicas construtivas axeitadas se crean atmosferas abertas que promoven a interacción social e a independencia, fomentando o contacto co exterior dende un ambiente interior saudable. Ademais, é imporante un bo acondicionamento acústico, atenuando o ruído interior e logrando óptimas condicións de confort para os usuarios: mais tranquilidade e menos distraccións. Todos estes parámetros inflúen non só no rendemento e concentración das persoas, tamén nas súas emocións, nos niveis de ansiedade, na calidade do sono, na irritabilidade e, en definitiva, no seu estado anímico.
A madeira é o único material que nos permite actuar en todos estes aspectos. Ningún outro material pode empregarse con tanta idoneidade, de tantas formas e dando resposta a tantas necesidades. Ao final, os materiais naturais, ecolóxicos, reciclables e saudables son os mesmos que poden xerar os espazos con maior calidade e mellor nivel de confort.
Empregamos cookies no noso sitio web para ofrecerlle a experiencia máis relevante ao lembrar as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para dar un consentimento controlado.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |