
by Paula Alfonso
Miña nai naceu e viviu nesta praza, situada a 200 metros do meu despacho e para min é, sen dúbidas, a praza máis bonita do mundo.
Ten especial relevancia dentro do tecido de Cambados, por pertencer a un entorno BIC. Fora evolucionando, sobre todo nos últimos anos, cara a unha peonalización, pero faltáballe aínda unha reorganización: mobiliario, iluminación, sistemas de drenaxes e recollidas de auga, zonas de lecer…
En xeral, as obras a realizar pretendían ser o máis discretas posibles: limpar, ordenar, renovar instalacións, homoxeneizar mobiliario, iluminar axeitadamente… pero dúas das actuacións necesitaban ser máis rotundas.
Por unha banda a entrada norte, antes de acceso para o tráfico rodado. Transformámola nun pequeno espazo de lecer, con árbores autóctonos que enmarquen a entrada, uns bancos á súa sombra, un pavimento drenante que permita o uso peonil e tamén o acceso rodado puntual e, por suposto, a escultura do guerreiro sempre vixiando. A outra, máis relevante, foi a reconstrución da antiga escalinata lateral da igrexa de San Benito, remodelada nos anos 70 para colocar un balcón con dobre escaleira que ofrecese máis espazo e comodidade para o paso de vehículos. Aínda que esta actuación estaba ben executada e era respectuosa, a solución plantexada empobrecía, dende o noso punto de vista, a configuración espacial da praza. Agora que tiñamos devolto ao peón o espazo fronte ao coche, era momento de recuperar a escalinata como zona de estancia. Cando nos plantexamos recolocala na súa posición orixinal descubrimos, ademais, que a rúa Real gaña ese punto focal na porta sur da igrexa, enmarcando a praza coas escaleiras ao fondo que invitan a subir e contemplar o espazo dende a altura, ou descansar un anaco nos seus chanzos. A nova reorganización da iluminación e mobiliario, aliñados coas zonas arboradas, axudan a remarcar estes eixos.
Nesta obra a reutilización era unha práctica necesaria. Tiñamos gran parte do material, só tiñamos que reorganizalo. Nada sobra, nin unha pedra, para todas elas hai un sitio.
A renovación dun espazo urbano leva implícitos unha morea de condicionantes, por iso, cando se dubida, hai que volver a preguntarse cal é o verdadeiro “interese xeral” todas as veces que sexan necesarias, porque aí está a solución correcta. Confiamos en que a nosa actuación responda aos intereses de todas as persoas de Cambados, que a usen e a vivan para gastar as novas pedras ata que se confundan coas vellas.
Empregamos cookies no noso sitio web para ofrecerlle a experiencia máis relevante ao lembrar as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para dar un consentimento controlado.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |