by Paula Alfonso
O Concello de Pontevedra dispón dun edificio na Rúa Santa Clara que quere destinar a centro de defensa da igualdade e promoción de políticas con perspectiva de xénero.
O CIM, centro de información á muller, xa ten as súas oficinas no terceiro andar. Esta planta compartimentada cuns febles biombos, sen intimidade nin protección, necesita certas melloras. O segundo piso está xa baleiro, e o primeiro é o lugar utilizado polas distintas organizacións e colectivos que precisan dun espazo para reunirse e desenvolver as súas actividades. REDEIRAS é un espazo de traballo xestionado polo Concello de Pontevedra e as propias usuarias deste proxecto, que crean unha comunidade de aprendizaxe. É un proxecto de creación de redes, de inspiración colectiva. Intercámbianse horas de traballo por ideas, servizos e coñecementos, todo se xestiona a través dunha banca colaborativa. Aquí todas as persoas son benvidas.
Todo este tecido de actividades necesita un espazo para medrar e desenvolverse: xornadas de traballo en distintos idiomas, asesoría xurídica gratuíta para mulleres en situacións vulnerables (como aquelas en empregos inxutamente feminizados como é o traballo doméstico), a creación de diferentes Consellos (de infancia, de sabedoría, de mulleres, etc) e servirá como punto de información sobre calquera actividade a desenvolverse na cidade.
Coa nova remodelación distribuimos as oficinas do CIM entre o segundo e o terceiro piso, e deixamos en planta primeira, de acceso, un espazo para que o colectivo REDEIRAS desenvolva as súas actividades cun amplísimo programa de posibilidades. Intentamos proxectar sen límites, recibindo todo aquelo susceptible de ser utilizado de distintas formas, albergando toda a variedade que o proxecto precisa.
Para a planta primeira deseñamos mobles a medida, espazos flexibles, movibles e cambiables, mobiliario apilable, cortinas de escurecemento que poidan separar ambientes e, incluso, unha pequena cafetería colaborativa. Habilitamos espazos para nenos, para bebés, para lactancia e tamén para mascotas. Os aseos diferenciados por sexo, históricamente aceptados e sobreutilizados, resulta habitualmente confuso e, moitas das veces, excluínte, por iso proxectamos un “aseo universal” adaptado a calquera persoa, sen diferenciación por sexo ou xénero, habilitado para persoas con necesidades concretas. Conta con cambiador, moble para ostomizados, lavabo preto do inodoro para o uso da copa menstrual, cordón perimetral de emerxencia con avisador acústico e luminoso, mobiliaro adaptado, barras abatibles, porta corredoira e espazos de xiro suficientes.
A planta segunda e terceira adícase a cubrir as necesidades máis específicas do CIM: despacho para a policía (evitando incómodas visitas a comisaría), outro para avogada ou avogado, outro para psicólogo ou psicóloga, e outros de uso administrativo. Todos eles ben illados acústica e visualmente. A seguridade é primordial nestes espazos, por iso o ascensor funciona con códigos e colocamos tamén un pequeno recibidor vidrado, con acceso controlado ao interior. Buscamos crear un ambiente amable, calmo, baseado en brancos e madeira con certos toques de cor violeta. Estas mulleres, supervivintes de situacións dramáticas e traumáticas, atoparán aquí o apoio e os recursos necesarios para xestionar a súa situación persoal, tan dolorosa e tan complicada, tan perigosa moitas veces.
Chega despois a parte sanadora, poder volver á vida real, a facer a compra, a montar un negocio ou a buscar un grupo de apoio para o seu fillo con dislexia. Habituadas a saír polo primeiro piso, quizais un día consigan dar o paso e adentrarse nese universo de bulicio, cores e ruído, de ideas, experimentos e apoio. O lugar no que poidan atopar acougo e axuda á vez que elas mesmas participan de tecer esas redes nas que poden ensinar a un grupo de mozos como facer un plan de práctica laboral mentres alguén lles aprende a elas como optimizar recursos nun restaurante. Un lugar no que sanar.
Empregamos cookies no noso sitio web para ofrecerlle a experiencia máis relevante ao lembrar as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para dar un consentimento controlado.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |